domingo, 28 de febrero de 2016

BOAS VISITAS!

Ola a tod@s!


Esta semana foi de emocións fortes... O luns tivemos unha visita moi especial, a pitón Lola. Unha compañeira de 2º tena de mascota e quixo traérnola a clase para que os nenos de 1º e 2º coñecésemola. Téñena en casa desde hai 16 anos. Ao principio daba un pouco de medo pero, a verdade é que se portou moi ben. Tivemos sorte porque xusto o día anterior mudou a pel e 
puidemos vela!





















A muda da serpe.


O venres tivemos outra visita. Viñeron unhas monitoras do concello para facer xogos connosco no pavillón. Tiñamos que traballar en equipo para conseguir gañar e ademais ter o "chip cambiado" porque os xogos facíanse en galego. Foi moi divertido!






















O venres, despois do recreo, tivemos o máxico pracer de ter na nosa clase a Fernando. El é un mago que nos fixo uns trucos que nos deixaron coa boca aberta! Moitas grazas Fernando, es un xenio!








Entre truco e truco, rematamos por hoxe... Ata a próxima!

No hay comentarios:

Publicar un comentario