domingo, 3 de abril de 2016

MARZO

Bo día a tod@s!

Neste recente mes de marzo fixemos varias cousiñas... O 2 de marzo fomos visitar a Casa das Ciencias! Como estamos a aprender moitas cousas sobre os animais... puidemos comprobar nada máis chegar que os pitos son ovíparos porque os vimos nacer dos ovos! Despois de dar unha volta e "experimentar" un pouco fomos ao planetario onde vimos a película de "A noite do vampiro". 


























Un pouquiño máis adiante, o 8 de marzo celebramos o día da muller traballadora, para iso realizamos uns orixinais retratos, de mulleres, utilizando materiais reciclables onde os nenos botaron a voar a súa imaxinación! Quedaron moi bonitos!















Despois todos os nenos do cole colocamos os retratos no corredor!





Por último, non podemos esquecer, que no mes de marzo tivemos as vacacións de Semana Santa onde collemos moitas enerxías para empezar este último trimestre que nos queda con moita forza!

Ata a próxima!

No hay comentarios:

Publicar un comentario